Quantcast
Channel: MusarqOurense » 2013
Viewing all articles
Browse latest Browse all 10

Pesos de rede. Conxunto Arqueolóxico-Natural de Santomé

$
0
0

Conxunto de cinco pesos elaborados en chumbo, cuxas dimensións varían entre os 3 e os 3,4 cm de lonxitude, 1,4 e 1,6 cm de largo, 1,2 e 1,4 cm de grosor e os 0,4 e 0,6 cm de diámetro do orificio interno. O peso oscila entre 24,8 e 28,4 g. Todas as súas características permiten incluílas entre as pesas de chumbo ocas, elaboradas a partir dunha lámina dobrada sobre sí mesma xerando unha sección en U. Os pesos de chumbo están ben documentados na Península Ibérica, sendo os máis antigos os procedentes de factorías púnicas. En época romana alcanzan practicamente toda a Península, manténdose na antigüidade tardía.

Trátase, sen lugar a dúbidas, de lastres usados na pesca con rede, que veñen substituír os pesos de pedra, no que representa un avance significativo ao permitir unha maior regularidade e peso por unidade, adaptándose facilmente á corda, e conseguindo máis peso con menos volume, polo que se asegura así un comportamento uniforme da parte inferior da rede. Neste caso concreto, dado as súas dimensións, pesos e diámetro do orificio dos lastres, debéronse usar con redes de pequeno tamaño. O estudo destas pezas posibilita aproximarnos a unha actividade económica tan importante como é a pesca.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 10

Latest Images

Trending Articles


Un cielo inalcanzable


Daddy Yankee - La Despedida (Acapella + Instrumental) (Original de Estudio)...


Alexis & Fido - La Cama ( instrumental original )


Feria del Libro 2024 | Se inaugura el 25 de abril


FERNANDA SILIUTO BRIGANTY [16.628]


ISABEL DE CASTRO Y ANDRADE [18.411]


RAY LORIGA [19.180]


ANA DOLORES ARIAS [19.329]


AKEEM LASISI [20.214]


CATERINA DAVINIO [20.217]